domingo, 15 de noviembre de 2020

Trasladámonos á aula virtual do CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios

 

Con esta mensaxe queremos comunicarvos que seguiremos fomentando o uso da Lingua Galega e as nosas costumes con actividades dinámicas a través da aula virtual do CEIP Cardeal Quiroga Palacios.

No panel inicial aparece un espazo denominado Dinamización da Lingua Galega. Ahí atoparedes todas as nosas propostas para este curso 2020-2021 

Podedes acceder directamente a el pinchando no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcardealquiroga/aulavirtual/course/index.php?categoryid=85 


                                                                      Un saúdo

                                                                       EDLG

jueves, 12 de noviembre de 2020

Un outono diferente...


Na aula virtual do cole colgamos un pequeno vídeo coas imaxes e textos que nos fixestes chegar. Con esta montaxe queremos reflexar, non só a beleza da nosa paisaxe, senon a fortaleza dos nosos pequenos e pequenas e as súas familias, facendo fronte a esta dura pandemia con entereza, paixón, diversión e moito SENTIDIÑO.
Moitísimas grazas por participar...



Esperamos que vos guste.
                EDLG

SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS DOS REFRÁNS DE OUTONO

 AQUÍ VOS DEIXAMOS, A SOLUCIÓN AOS REFRÁNS DE OUTONO QUE SE PUBLICARON NESTE BLOG.

 CANTOS ADIVIÑÁCHEDES ?








martes, 27 de octubre de 2020

SAMAÍN

 Seguimos xogando...

Nestas imaxes están agochadas palabras relacionadas co Samaín.

Seredes capaces de descubrilas todas?












viernes, 23 de octubre de 2020

REFRÁNS DE OUTONO

Benquerido alumnado e familias:

Chegou o outono con temperaturas mais baixas, choiva  e días con menos horas de luz pero esto non é impedimento para pasalo ben practicando o galego

Aquí  deixamos unhas propostas do noso refraneiro para que intentedes resolvelas. Máis adiante publicaremos as solucións.

                             ANIMÁDEVOS A                       PARTICIPAR!!!




















viernes, 19 de junio de 2020


BO VERÁN!

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración nas actividades propostas.
Ata setembro.